20.000 bolsas de papel e 1.500 almanaques por un O Carballiño máis respetuoso có medio ambiente

29, Decembro 2009

Sensibilizar a toda a poboación no esforzo por facer un contorno máis saudáble e respetuoso có medio ambiente, éste é o obxetivo dunha iniciativa que se pón en marcha desde a axencia local de sostibilidade, e coa que colabora a asociación de comerciantes do Carballiño. Consistirá no reparto de 20.000 bolsas de papel e 1.500 almanaques de parede, que serán distribuídos a través dos establecementos do centro comercial aberto do Carballiño. No acto de presentación desta campaña de sensibilización cidadán, tanto o concelleiro de medio ambiente Bernardo García coma o presidente do colectivo comercial carballiñes Adolfo Nogueira, incidiron na importancia deste tipo de actividades para lograr un Carballiño máis saudáble e menos agresivo có medio ambiente. E para lográlo son varias as recomendacións que se nos fan nas doce follas deste singular almanaque, consellos que teñen que ver co consumo da auga, a enerxía eléctrica, a calefacción, o transporte e o combustible, os verquidos ás augas e a atmósfera, os ruídos e o tratamento do lixo.