21 de Xaneiro: Outro acelerón do coronavirus no Carballiño (+11) con 69 contaxios activos. Tamén suben Maside (+3) Boborás (+1) Beariz (+1)

21, Xaneiro 2021

Definitivamente, o coronavirus volve acelerar no Carballliño, que pasa dos 58 contaxios activos que notificaba onte aos 69 (+11) que rexistra hoxe. Tamén aumentan os casos en Maside (+3) e alcanza os 11 casos activos, Boborás (+1) e pasa a ter 3, e volve o virus a Beariz, que rexistra un caso cando onte estaba con cero contaxios.

Baixan un caso, respectivamente, Cea que se queda con 8 e O Irixo, que ten un contaxio activo. Sen variacións en Punxín, que continúa cun único caso activo no municipio, e tanto Piñor como San Amaro, que siguen sen contaxios activos.