22 de Xaneiro: O Carballiño manténse con 69 contaxios activos, suben Boborás (+11) ata os 14 casos, e Maside (+2) ata os 13. Baixan Cea (-2) ata os 6, e sen variacións no resto de municipios.

22, Xaneiro 2021

O Carballiño manténse hoxe nos 69 contaxios activos de coronavirus, os mesmos que tiña onte, xa que se rexistraron 7 altas médicas pero producirónse 7 novos diagnósticos nas últimas 24 horas, polo que permane inalterable o número de contaxios activos no municipio carballiñés.

O maior repunte da xornada prodúcese no concello de Boborás (+11) que alcanza os 14 contaxios activos, aínda que este notable incremento de casos en Boborás débese ao foco de coronavirus detectado no fogar residenciaal Blanco Amor de Brués. Tamén incrementa dous casos activos Maside, que alcanza os 13.

Baixa en persoas enfermas San Cristovo de Cea, dúas menos que onte e quédase en 6 contaxios activos. E non se rexistran variacións no resto de municipios: Beariz (1) O Irixo (1) Punxín (1) San Amaro (0) Piñor (0)