2.300 comensais encheron os comedores do xantar da cachucha na gran festa gastronómica carballiñesa do inverno.

25, Febreiro 2024

Os comedores da hostalaría do Carballiño rexistraron este domingo un cheo completo, a maioría deles xa coas reservas esgotadas desde fai varias semanas, de tal maneira que 2.300 comensais sentaron á mesa nos 21 restaurantes que ofrecían o menú da festa a base do cocido da cacheira do porco, o prato tradicional do entroido na comarca carballiñesa.

Desde que se facía a matanza do porco, a cachucha curábase e reservábase varios meses ata degustala coincidindo co tempo do entroido, unha tradición que se elevou por iniciativa do concello do Carballiño á categoria de festa gastronómica, que cumplíu este domingo 25 de febreiro de 2024 a súa 29 edición.

Este ano, ao coincidir coas eleccións galegas o domingo que seguía o de entroido, que é a data que se adoptou desde fai unhos anos, o concello do Carballiño decidíu pospoñer a súa celebración unha semana, e a pesar de que as condicións meteorolóxicas non acompañaron, con chuvia e frio na maior parte da xornada, non foi impedimento para que enfriase os ánimos da maioria das comparsas para desfilar de novo polas rúas carballiñesas, favorecidas ademáis pola tregua que concedeu a chuvia a partir das cinco da tarde en adiante. 

A única actividade do programa que se suspendía foi o fin de festa que estaba previsto na Praza Maior coa orquestra América. Asi e todo, a animación musical non faltou a cargos das charangas, que visitaron os comedores dos restaurantes, tampouco faltou a música dos Liborianos e a animación e troula das carrozas de Cea e Parada de Amoeiro, asi como a maioria das comparsas do carnaval, que tamén aportaron a súa animación polas rúas carballiñesas.