2.307 persoas están en paro na comarca do Carballiño, 323 máis que fai un ano

11, Maio 2010

Os datos do paro seguen en cotas históricas na Comarca do Carballiño, en tan só un ano -no periodo que vai de abril de 2009 a abril de 2010- sumaronse 323 novos traballadores en paro no conxunto dos 9 concellos da Comarca, deles 249 son residentes no Concello do Carballiño. O único dato positivo é que no pasado mes de abril o paro descendeu en 35 persoas, en relación o mes anterior, o de marzo. En total, temos 2.307 persoas inscrítas como demandantes de emprego, das que 1.321 pertencen á capitalidade comarcal, ó Concello do Carballiño, 605 homes e 716 mulleres. A franxa de idade con máis numero de parados é a que vai entre os 25 e os 44 anos, que son 701,  os maiores de 45 anos suman 497, e finalmente 123 son menores de 25 anos. No resto da Comarca, o concello con máis parados é Maside, con 275 persoas en paro, 33 máis que fai un ano. Boborás tén 196 persoas en situación de desemprego, 35 maís en relación a fai un ano atrás. San Amaro e O Irixo teñen-curiosamente- o mesmo número de veciños en paro, 104 en cada concello. Punxín suma 66 parados e Beariz 41. Os únicos dous concellos onde descende -aínda que simbólicamente- o paro no cómputo do último ano son San Cristobo de Cea e Piñor, que teñen 123 e 77 persoas, 17 e 6 menos -respectivamente-en relación os datos de fai un ano.