24 de Novembro: Soben (+5) ata os 25 os contaxios activos no Carballiño, estabilidade no resto de municipios.

24, Novembro 2021

Continúa empeorando a situación epidemiolóxica no concello do Carbaliño, que alcanza hoxe os 25 contaxios activos, son 5 casos máis en relación a onte.

No concello do Irixo, despóis de varios meses libre de covid, volve notificarse hoxe un primeiro contaxio activo. Non hai variacións no resto dos municipios, onde os datos permanecen inalterables según esta última actualización feita por Sanidade neste mércores 24 de Novembro.