24 de Outubro: Baixan os enfermos de Covid no Carballiño (-10) Boborás (-2) O Irixo (-2) Maside (-1) Queda libre de virus San Amaro e manteñense os casos nos demáis concellos

24, Outubro 2020

Os datos destes deste sábado dia 24 de Outubro deixannos o maior descenso de contaxios activos na comarca dende que a situación comezou a agravarse, 16 casos menos no conxunto da comarca en relación aos que tiñamos onte. A maior baixada rexistrase no concello do Carballiño, que pasa dos 183 de onte aos 173 de hoxe, polo tanto 10 enfermos menos.

Tamén baixan os contaxios en Boborás, 2 menos e quédase en 30, e outros dous menos no Irixo, que descende hoxe ata os 5 casos. Maside ten un caso menos ca onte e rexistra 3, mentres que o concello de San Amaro queda libre de coronavirus, a dia de hoxe, pasa a figurar entre os 48 concellos galegos que non teñen casos activos.

Manteñense estables, co mesmo número de casos de onte, os concellos de San Cristovo de Cea (10) Beariz (6) Punxín (3) e Piñor (1)