26 de Marzo: Baixan incidencia acumulada e contaxios activos no Carballiño, que mantén 18, e Maside 6.
Segundo dia de leve melloría na incidencia acumulada a 14 dias no Carballiño, que se sitúa hoxe nos 127 casos por cada 100.000 habitantes, con 18 positivos diagnosticados neste periodo de tempo, que ademáis coincide hoxe cos contaxios activos no municipio carballiñés, tamén 18.
Maside resta outros dous casos, e quédase hoxe con 6 contaxios activos. Boborás e San Cristovo de Cea teñen unha única persoa enferma de Covid, e o resto de concellos continúan libres de virus, nesta última actualización correspondente a este venres 26 de Marzo, con datos das 18:00 horas deste pasado xoves dia 25.