27 de Xaneiro: outro acelerón de coronavirus no Carballliño (+11) chega aos 86 contaxios activos, e Maside (+4) alcalnza os 19 casos. Sen variacións no resto dos concellos.

27, Xaneiro 2021

O Carballiño rexistra hoxe un incremento importante no número de casos activos de coronavirus, 11 máis que onte, polo que suma hoxe un total de 86 persoas enfermas de Covid-19 no municipio. A incidencia acumulada con casos positivos diagnosticados no Carballiño alcanza os 76 nos últimos 14 dias.

Tamén continúa o seu ascenso o concello de Maside, que rexistra hoxe 4 casos máis que onte, e xa alanza a cifra dos 19 contaxios activos, a cifra máis alta neste municipio dende que se declarou a pandemia.

Non se aprecian hoxe variacións no número de contaxios activos: Boborás (14) San Cristovo de Cea (6) Beariz (3) O Irixo (2) Punxín (2) San Amaro (2) Piñor (2)