29 Decembro: Piñor queda libre de virus e O Carballiño resiste con 6 casos activos de coronavirus

29, Decembro 2020

Parece que, definitivamente, O Carballiño poderá celebrar o "Feirón" do 31 de Decembro grazas a boa situación epidemiolóxica que presenta o municipio carballiñés, que mantén estable o número de casos activos de coronavirus, que son hoxe 6, os mesmo que onte.

Boborás e Beariz -respectivamente- mantéñense con 2 contaxios, e San Cristovo de Cea continúa cos mesmos 21 dos últimos dias, a maioria persoas residentes no xeriátrico da localdade.

A boa noticia deste antepenúltimo dia de 2020 na comarca é a do concello de Piñor, que consigue hoxe quedar libre de virus, sumandose asi á lista na que continúan os concellos de Maside, Punxín, O Irixo e San  Amaro.