30 de Xaneiro: o coronavirus non frea no Carballiño (+5) e chega aos 94 casos activos. Tamén soben Cea (+4) e San Amaro (+1) Boborás baixa 1, ao rexistrarse un falecemento

30, Xaneiro 2021

Parece que inevitablemente O Carballiño vai superar a barreira do centenar de contaxios activos, de momento neste sábado 30 de Xaneiro son 94, ao incrementarse en 5 nas últimas horas.

Tamén sobe San Cristovo de Cea, que pasa dos 8 casos de onte aos 12 que notifica hoxe, e tamén incrementa ata os 3 os contaxios San Amaro, un máis que onte. 

Boborás ten hoxe 13 casos activos, 1 menos que onte, ao rexistrarse un falecemento dunha muller de 94 anos que estaba ingresada no CHUO, que procedía do Fogar Residencial de Brués. 

No resto dos concellos non se producen alteracións, polo que permanecen os seguintes casos activos: Maside (20) Beariz (3) Piñor (2) O Irixo (1) Punxín (1)