3ª División: terceira victoria do Arenteiro lonxe de Espiñedo

5, Novembro 2017

E tan lonxe que foi en terras coruñesas preto da costa da morte, no estadio municipal da Laracha, onde o Arenteiro cun gran gol de Rubén Arce na segunda parte, trouxo os tres puntos para O Carballiño.

E con estes son xa 24 os puntos que os verdes teñen no seu casilleiro tras xogadas 14 xornadas do campionato de liga no grupo 1º da Terceira División.

Na Laracha, de inicio, foi o Arenteiro quen por dúas veces pudo adiantarse pronto no marcador, primeiro nunha ocasión de Arce que se quedou so ante o meta local, éste logrou repeler o disparo do dianteiro verde. E pouco despois, outra xogada tamén de Arce enviando un balón que se pasea por diante da portería local ao que por poucos centímetros non chega Igor Sevivas. A balón parado tivo a súa Saúl, pero atallou ben o gardameta do Laracha.

Na segunda parte, igual que na primeira, Pachi apenas pasou por situacións de perigo, e as poucas que tivo resolveunas con solvencia. O Laracha, unha e outra vez insistía con balóns á area, pero sin lograr crear perigo real.

No minuto 73 chegou a xogado do gol carballiñés, foi un balón que enviou dende o medio campo Adrián Padrón, case o vértice da área grande prolongouno de cabeza Igor Sevivas, e tamén de cabeza e sen oposión da defensa local, Rubén Arce enviouno fora do alcalce do meta local, dentro da portería.

Para ver a ficha do partido, preme no seguinte enlace:http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=28...