4 de Xaneiro: tendencia á alza, O Carballiño sube a nivel medio de risco con 14 casos de coronavirus, deles 12 novos contaxios nos últimos dias

4, Xaneiro 2021

O Carballiño comeza o ano cun repunte de contaxios, e alcanzado hoxe lúns dia 4 de Xaneiro os 14 casos activos de Covid-19,  tres máis que onte domingo. Desta maneira, O concello do Carballiño pasa de risco de nivel baixo no que permaneceu todo o mes de Decembro a situarse en nivel de risco medio, tras confirmarse 12 novos contaxios nos últimos dias.

No resto de municipios a situación permanece practicamente invariable, con 14 casos que ten o concello de San Cristovo de Cea, 2 casos Boborás e 1 caso o concello de Piñor. Con cero contaxios entran en 2021 os municipios de Beariz, O Irixo, Maside, Punxín e San Amaro.