7 de Novembro: frenazo ao coronavirus no Carballiño (-22) Boborás (-6) Cea (-2) Os contaxios activos baixan ata os 95 na comarca

7, Novembro 2020

Extradorninarias novas as que nos trae este sábado dia 7 de Novembro, no que se rexistra a maior descenso nun dia  de persoas enfermas no Carballiño e Comarca dende a explosión vírica do pasado mes de Outubro. O concello do Carballiño rexistra hoxe 22 contaxios activos menos que onte, o que deixa a cifra actualizada en 59 casos. Tamén é moi siñificativa a baixada de enfermos no concello de Boborás, que pasa dos 14 casos de onte aos 8 que Sanidade notifica hoxe sábado, un descenso do 43% de contaxios activos en relación a onte.

Tamén continúa a tendencia á baixa desta semana o concello de Cea, que notifica hoxe 10 contaxios activos, 2 menos que onte. O único concello que empeora os datos de onte, aínda que levemente, é O Irixo que ten hoxe 3 casos, un máís que onte.

E sen novidade no resto do concellos, manteñen os mesmos contaxios deste dias: Beariz (3) Maside (2) Piñor (6) Punxín (2) e San Amaro (2). No conxunto dos nove concellos da comarca hai hoxe 95 persoas enfermas de Covid-19.