78 contaxios activos de coronavirus no Carballiño, 39 deles nos últimos 3 dias: o alcalde Fumega reúnese co conselleiro de sanidade para avaliar a situación epidemiolóxica
O alcade Francisco Fumega infomou en COPE O Carballiño que, según os datos aportados polo SERGAS esta mañá, son en total 78 os contaxios de coronavirus que permanecen activos no concello do Carballiño, tras dispararse os positivos detectados nos últimos tres dias, que son 39.
O rexedor anunciou que este xoves dia 8 vai manter unha reunión co conselleiro de sanidade Julio Comesaña, para avaliar a situación epidemiolóxica que rexistra O Carballiño, e mesmo acordar posibles medidas para conter a propagación do virus entre a veciñanza carballiñesa. Fumega vaille trasladar ao conselleiro "a preocupación manifestada por numerosas familias do Carballiño, xa que consideran que nesta situación debería suspenderse a actividade nos colexios e institutos".
O alcalde comunicou que por parte tanto da Policia Local como da Garda Civil van reforzarse as medidas de control, para que se cumplan as restricións que entran en vigor ás 00:00 horas deste xoves.