8 de Xaneiro: O Carballiño alcanza os 20 contaxios activos de Covid-19, 5 máis que onte. Sen cámbeos no resto de concellos.

8, Xaneiro 2021

O Carballliño continúa sumando máis contaxios activos de coronavirus,  e chega hoxe dia 8 de Xaneiro aos 20 casos, duplicando polo tanto os que tiña a principios desta semana.

Non se rexistra ningunha outra variación no mapa do coronavirus na comarca, con 7 casos activos no concello de San Cristovo de Cea, 2 no Irixo e 1 -respectivamente- nos concellos de Punxín e Piñor. E con cero contaxios permanecen os municipios de Beariz, Boborás, Maside e San Amaro.