9 de Xullo: O Carballiño (+4) chega aos 27 contaxios activos, Piñor suma 3 e Beariz, Boborás, Maside e O Irixo, 1.

9, Xullo 2021

Esta nova onda de coronavirus continúa avanzando no concello do Carballiño, con 4 positivos diagnosticados nas últimas horas, polo que o municipio rexistra xa 27 contaxios activos. Tamén incrementa casos (+2) Piñor, que suma 3 contaxios activos, e continúan cun único caso Beariz, O Irixo e Maside. Tamén notificva hoxe un  caso o concello de Boborás, que de momento mantíñase libre de covid.

O concello de Avión suma outros dous casos e xa son 4, mentres que o concello de Leiro continúa resistindo libre de virus.