9.000 ointes infórmanse a diario en COPE O Carballiño do que acontece no Carballiño e comarca. De 13 a 14 horas, é a terceira emisora con máis audiencia en toda Galicia, asi o acredita o último "Estudio General de Medios".

20, Abril 2023

O último "Estudio General de Medios" publicado esta semana e correspondente ao primeiro trimestre de 2023 volve sitúar a COPE O Carballiño como a emisora líder absoluta en audiencia no ámbito comarcal, onde consigue un "SHARE" (cuota de audiencia) do 90% da radio local, é decir, 9 de cada 10 persoas que escoitan a diario unha emisora de radio do Carballiño elixen COPE O Carballiño.

Ademais, de 13:00 a 14:00 horas, COPE O Carballiño consigue situarse como a terceira con máis audiencia nesta hora do mediodia entre todas as emisoras de radio con programación local en toda Galicia, incluidas as que emiten dende as grandes cidades e áreas metropolitanas. A diario, 9.000 persoas infórmanse do que acontece no Carballiño e no resto dos nosos concellos no 91.9 da FM

Dende COPE O Carballiño, transmitimos os parabéns a toda a nosa audiencia , e reafírmámonos na nosa aposta diaria pola radio e a información ao servizo da nosa comarca, unhos datos deste EGM que nos obrigan a seguir traballando e tratando de mellorar cada dia para ofrecervos a mellor radio posible.