Abarrote nos restaurantes e gran ambiente no desfile de carnaval nas rúas do Carballiño, na Festa da Cachucha máis concurrida que se recorda

18, Febreiro 2018

Está claro que o cámbeo da súa celebración, que fai unhos pasou do domingo de entroido ao de piñata, foi todo un acerto.

Xa nos últimos anos se viña confirmando este impulso do acontecemento festivo gastronómico do inverno carballiñés, e nesta XXIV edición podemos afirmar que foi o salto definitivo para facerse un sitio no mapa das festas gastronómicas.

A practica totalidade dos comedores dos 27 restaurantes que serviron o menú típico da festa, o cocido de entroido a base de cachucha, rexistraron un cheo total, e moitos deles non poideron atender a demanda, non foron poucas as persoas que se quedaron desta vez coas gañas de degustar a cachucha cocida.

O ambiente na hostelería local e  nas rúas maís céntricas  foi indo a máis a partir da sobremesa, agardando a hora do desfile de folións, carrozas e comparsas do entroido, que foi seguido por miles de persoas durante o seu recorrido.

A orquestra Gran Parada despedíu na Praza Maior a Festa da Cachucha, sen dúbida, máis concurrida dende que fai 24 anos se ven celebrando.