Aberta a inscrición da VI Carreira Solidaria do Arenteiro

2, Decembro 2014

A concellaría de deportes, xunto con Cáritas e Cruz Vermella, organizan a carreira solidaria do Arenteiro, que chega á súa VI edición, e que terá lugar o pròximo 28 de decembro, sobre un percorrido de 10 quilómetros polo municipio carballiñés.Na elaboración da ruta colaboran tamén o ximnasio Korpore e o Club de Atletismo Arenteiro. Pero o máis importante desta carreira é que cada corredor deberá achegar un quilo de produtos non perecedoiros, que logo serán repartidos tanto por cruz vermella como por caritas, entre as familias máis necesitas da bisbarra carballiñesa.

Establecéronse varias categorías, dende pitufos, nacidos entre 2011 ao 2013, ata veteranos. O que se pretende é que sexa o maior número de persoas as que participen nesta carreira, e sobre todo que todos acheguen a súa colaboración en produtos non perecedoiros xa que o obxectivo é que, unha vez máis, o mundo do deporte mostre a súa solidariedade cos que máis o necesitan.

Toda a información desta carreira se pode obter na páxina webwww.cronotec.es e en www.correrengalicia.org. Na primeira das páxinas tambien poderanse realizar as inscricións.