Aberta a zona de xogos infantís do parque municipal, tras a súa reforma

18, Xuño 2018

Rematou a renovación da zona de xogos infantís do Parque Municipal. A reforma, levada a cabo pola concellería de Medio Ambiente que coordina Érika Paz, consistiu no rediseño do espazo, na instalación de novos xogos e na rehabilitación doutros xa existentes.

Así, o parque infantil quedou redistribuido en tres espazos de xogos, cercados por rollizos de madeira e co chan de area; instalouse un novo conxunto multixogos e novos columpios, e procedeuse á restauración doutro conxunto multixogos e unha casiña que se reubicou nun novo espazo pensado para os máis pequeniños.

Este parque infantil, que é moi visitado polas familias durante o verán, atopábase en mal estado dende había tempo, con xogos moi deteriorados e uns espazos pouco adecuados para o disfrute e a seguridade dos nenos, e de aí que a remodelación era unha cuestión prioritaria.