Abre o prazo para a inscrición na Escola Municipal de Xadrez do Carballiño

5, Outubro 2021

O concello do Carballiño comunica a apertura do prazo de inscrición na Escola Municipal de Xadrez, que se pon en marcha este próximo venres coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense.

Está aberta a nenos e nenas a partir dos seis anos en adiante. As clases levaránse a cabo os venres en horario de 19 a 20 horas en aulas do Conservatorio Municipal, e para formalizar a inscricion pode facerse no teléfono da área de Deportes do concello do Carballiño: 662199721.