Acométense traballos de mantemento e limpeza nos sinais indicadores dos lugares do municipio carballiñés

21, Abril 2020

Pola iniciativa conxunta das concellerías de Tráfico e de Medio Rural, o concello do Carballiño está procedendo dende hai varias semanas á limpeza e arranxo dos paneis de sinalización dos lugares do término municipal carballiñés.

Trátase de restituir tanto os soportes destes sinais como a iconografía impresa nos mesmos cos topónimos dos lugares indicados, e que en moitos casos estaba prácticamente ilexible.