A actualidade comarcal comentada: comeza unha nova tempada na "Tertulia dos Venres" de COPE O Carballiño

25, Setembro 2020

Primeiro venres do outono e primeira tertulia da tempada en COPE O Carballiño, que presentamos en directo dende os estudos da rúa Aldara nº 26-3º andar, todos os venres de 13 a 14 horas.

Para esta nova tempada "A Tertulia dos Venres" contará coas opinións e comentarios de José Antonio Barje, Sebastián Lamazares, Ana Morgade, Manuel Nogueira, Alberto Otero e Maria Luisa Rodriguez, con Xan Pinal como moderador.

Tamén coas aportacións da audiencia de COPE O Carballiño a través do Wassap 698 12 72 41 ou os teléfonos 988 530 228 e 988 275 007.