Actualización ás 21 h. do domingo 17: o incendio de Carballeda de Avia-Beade xa supera as 2.500 héctareas arrasadas polo lume
Activo Carballeda de Avia-Vilar de Condes e Beade-As Regadas
O venres ás 16.38 horas iniciouse o incendio forestal do concello de Carballeda de Avia, parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día, ás 18.16 rexistrouse outro na localidade de Beade, parroquia de As Regadas.
Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 2.500 hectáreas. Mobilizáronse para a súa extinción, de xeito acumulado, 3 técnicos, 35 axentes, 56 brigadas, 35 motobombas, 3 pas, 8 helicópteros e 11 avións.