Adiada a Carreira Solidaria do Arenteiro debido á alerta polo temporal. Celebraráse o dia 7 de Xaneiro.

5, Decembro 2017

A 9ª Carreira Solidaria do Arenteiro, que se ía celebrar este domingo, 10 de decembro, queda suspendida ante a alerta meteorolóxica de temporal, con fortes ventos e chuvias intensas, previstas para esta xornada dominical.

A proba, na que estaba previsto que participasen arredor de 600 persoas, aprázase para o domingo, 7 de xaneiro.

A decisión foi tomada na mañá do sábado polo concello do Carballiño, xunto co resto de colaboradores do evento, para evitar que se corra ningún tipo de risco por parte das persoas participantes na carreira. Por iso, tomouse a decisión de suspender a proba e trasladala ao7 de xaneiro.