"ADV Consultores" traballa desde esta semana na auditoría das contas municipais do Carballiño

6, Setembro 2011

A empresa contratada polo Concello do Carballiño para auditar as contas municipais dos últimos 4 anos, comeza esta semana a desenvolver o seu traballo nas dependencias municipais, de tal maneira que nun prazo aproximado de 2 meses esperase que se poidan coñecer os resultados da mesma. O Alcalde, Argimiro Marnotes, confirmou en Cope O Carballiño que a empresa auditora seleccionada, por un importe de 17.700 euros, foi a ourensana "ADV Consultores". Serán auditados os exercicios económicos do concello carballiñés dos anos 2007, 2008, 2009, 2010 e o primeiro semestre de 2011. Marnotes entende que "a partir dos resultados da auditoria non só coñecerémos a débeda real do concello, senón que a partir de ahí poderémos determinar o propio funcionamento administrativo do concello e cómo levar a súa xestión fiscal".

O rexidor municipal tamén adiantou no transcurso desta entrevista radiofónica que "a partir do vindeiro dia 1 de outubro a Deputación faráse cargo da xestión da recollida do lixo no municipio, a partir de entón esperamos mellorar o servizo que prestamos na actualidade, e para o que non estamos preparados cos medios que temos". A renovación dos contenedores e o seu lavado periódico, asi como a xestión do punto limpo que será trasladado á unidade que na comarca presta a entidade provincial, son algunhas das melloras ás que aludíu o Alcalde que, ademáis, asegurou "siñificará un aforro importante dunhos 100.000 euros ao ano". Marnotes lamentou, en alusión as críticas socialistas sobre a falla de limpeza e mantemento dos espazos públicos, "que no mes de xuño nos encontrasemos sen nin xiquera un metro cadrado desbrozado, e todos sabemos que agora dispoñemos de menos traballadores, debido ós recortes na administracción para a súa contratación, estamos reorganizandonos para aprobeitar os medios que temos, hai traballadores que o entenden e outros non, esto leva o seu tempo"