Agónico triunfo do C.D. Arenteiro ante o Marín C.F , 2-1.

24, Febreiro 2013

Xa no tempo engadido, cando se xogaba o minuto 93 de partido, conseguiu o Arenteiro resolver ao seu favor o encontro de colistas desputado no municipal de Espiñedo, no que se enfrontaban o penúltimo e antepenúltimo clasificados. Providencial regreso ao equipo do dianteiro Iglesias que marcou os dous goles locais.

C.D. Arenteiro: Macía, Xurxo, Gabriel (Iago, m. 86), Carlos Escudero, Pablo Dabarca, Alex, Pablo Piñeiro, Marcos Sotelo (Tacón, m.89), Kennedy, Iglesias e David Soares (Prada, m. 78).

O Partido: O Arenteiro remontou no último suspiro dun partido no que se adiantaron os visitantes no minuto 9, tras un balón que parecía fácil para Macia pero o porteiro non logra bloquear, o rexeite aprovaitao o dianteiro centro mariñense para marcar. Á media hora chegaba o empate, tras un medido centro de Marcos Sotelo sobre a área que cabecea Iglesias, inalcazable para o porteiro visitante Pablo. A segunda parte é de dominio total dos verdes aínda que atá o tramo final do partido non lograría o Arenteiro crear ocasións claras de gol, con boas oportunidades para Soares, que completamente só cabeceou ás mans do porteiro e un tiro de Xurxo que saca da liña de gol un defensor visitante. Tras anular o árbitro un gol ao Arenteiro por fora de xogo a Iglesias no minuto 90, o mesmo xogador protagoniza a xogada do segunndo gol xa co tempo cumplido, vaise en velocidade polo centro e aínda que o seu disparo é rexeitado en primeira instancia polo porteiro do Marín, o balón introducese finalmente na portería.