A Agrupación de Protección Civil de Boborás realizou 182 intervencións durante o último ano

11, Xaneiro 2021

O concello de Boborás destaca a labor feita pola Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Boborás, que integran na actualidade 17 persoas. En total, no transcurso do último ano, foron 182 intervencións, o que supón 800 horas de traballo en favor da comunidade.

Nun ano condicionado pola pandemia da Covid-19, o concello de Boborás agradece públicamente a labor realizada por esta agrupación de voluntarios, sobre todo nos meses máis duros do confinamento, atendendo as necesidades básicas da veciñanza, e ocupandose de desinfección de espazos públicos, e tamén doutras intervencións entre as que se encontran a recollida de animais abandonados, asistencia en accidentes, ou traballos de apoio aos servizos de emerxencias.