A Agrupación Local Socialista do Carballiño celebra o seu centenario cunha homenaxe aos seus militantes históricos

27, Decembro 2012

A Agrupación Local do PSdeG-PSOE celebrou este venres o seu centenario cun acto que tivo lugar na Casa da Cultura do Carballiño .  Neste acto, presentado polo actual secretario local Francisco Fumega, foron homenaxeados varios persoeiros relacionados con esta agrupación tanto a nivel local coma do resto da Comarca.

A Agrupación Local do PSOE do Carballiño foi fundada no ano 1912 segundo consta no Anuario Socialista, sendo oficializada no ano1921 atraveso da Sociedade de Canteiros e Carpinteiros, xérmolo tanto desta formación política coma do sindicato UGT. A memoria histórica destes acontecementos repasouna o ex alcalde e historiador Carlos Montes, quen analizou este estudio a partir dos primeiros movementos obreiros na comarca ata a súa formalización e a posterior organización da esquerda a partires da sede da Casa do Pobo.

Os homenaxeados foron todos membros históricos do Partido, tanto na época anterior ao estallido da Guerra Civil coma na refundación realizada no ano 1973 no restaurante o Pote anos antes da caída do réxime franquista. Na mesma estarán presentes aqueles militantes que tiveron algunha responsabilidade política neses tempos de clandestinidade e posterior legalización dos partidos antes das primeiras eleccións democráticas. No acto proxectouse unha montaxe fílmica da memoria socialista así como unha entrevista realizada no ano 1987 ao alcalde republicano socialista do Carballiño entre 1931/34 e 1936 e presidente da Deputación de Ourense no ano 1936 Felisindo Álvarez Xesteira.

 A lista dos homenaxeados históricos foron: os médicos titulares Enrique de los Arcos Fajardo e Evaristo Carballo Nóvoa xunto cos dirixentes sindicais da UGT Manuel Prado Pérez e Leonardo Souto. No acto estarán representados polas súas familias. Dos máis recentes foron recoñeceidos os refundadores do PSOE en Carballiño no ano 1973 que son: Felipe Gallego Oroso, José Martínez Prada e Etelvino Pereira Feijóo, ademais dos dirixentes José Rodriguez “Pucho”, Marina González e Edelmiro Mateo tamén representados polas súas familias.

 Ao acto asistiron o secretario dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, e o secretario provincial Raúl Fernández, ademais doutros membros do Partido tanto a nivel autonómico coma provincial, tanto do PSOE como do sindicato UGT.