Alcalde e portavoces do Concello do Carballiño piden á veciñanza que secunde á concentración do domingo

27, Xaneiro 2012

Os portavoces de PSOE e BNG, así como o Alcalde do Carballiño, do Partido Popular, fixeron un chamamento dirixido a toda a cidadanía para que acuda masivamente á concentración-manifestación contra a incineradora do Irixo, convocada para este domingo ás 12 do mediodia na Praza Maior.

Nunha comparecencia conxunta dos 3 responsables políticos, o Rexedor Municipal explicou que tras debatir esta posiblidade na comisión de seguimento do acordo plenario que fixou a postura municipal contra a instalación da planta incineradora "chegamos ao acordo de participar na concentración convocada pola Plataforma, para que quede reflexada claramente a posición institucional do Concello do Carballiño ante a opinión pública e dunha forma visible". Argimiro Marnotes anunciou que "ás 12 da mañá estarémos na Praza Maior os concelleiros que poidan estar, portarémos unha pancarta cun texto que xa temos consensuado, e esa mesa pancarta colgarémola despóis do balcón do Concello e ahí estará o tempo que se considere necesario".

Poa súa parte, a Portavoz do BNG,  Aúrea Francisco recordou como "éste non é un problema do Irixo, senón de toda a Comarca, e da súa resolución depende o desenrolo do Carballiño, e para decirlle á Xunta que queremos futuro pero non destruindo o medio ambiente". A Concelleira Nacionalista engadíu, ademáis, "este pobo que naceu como unha encrucillada de camiños, está hoxe nunha encrucillada e para saír dela pedimos ao pobo do Carballiño que arroupe este acordo do Concello".

En representación do grupo socialista, o Concelleiro Adolfo Nogueira resaltou o consenso ao que chegaron os grupos políticos da corporación "congratulámonos do acordo que tivemos os 3 grupos" e advertíu que "esto non é maís que un primeiro paso, ésta é unha ardua taréa, Argimiro vai ter que poñer as cartas sobre a mesa e deixar patente o compromiso cos veciños do Carballiño", dixo.