Alcaldes da comarca "molestos" coa campaña de empadronamento do concello do Carballiño. Asi o desvelou o alcalde de Maside, escoitáo aquí.

25, Abril 2024

O Alcalde de Maside repasou en COPE O Carballiño a actualidade municipal neste concello da comarca, entre as que destaca o proxecto de mellora do campo de fútbol do Outeiro Grande, ou os pasos que continúan dándose para avanzar na erradicación do chabolismo da Fontela.

Ademáis, nun nomento da intervención de José Manuel Iglesias nesta emisora de radio, o rexedor masidao desvelou que tanto él como outros alcaldes da comarca non comparten as razóns que levaron ao concello do Carballiño a emprender unha campaña para pedir a inscrición no padrón municipal de habitantes a aquelas persoas residentes no municipio que ainda non o estean.

Escoitao no PODCAST de COPE O Carballiño: