A alcaldesa do Irixo desvela a existencia de WhatsApps que comprometen ao portavoz do PP, que tería ofrecido prebendas ao concelleiro de Xuntos Juan Manuel Villanueva, que co seu voto en contra no ultimo pleno tumbou os orzamentos anuais

25, Xuño 2024

A alcaldesa do Irixo, Susana Iglesias manifestou hoxe no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño que leva meses de tensión e que se sinte liberada, porque desde o pasado mes de novembro xa sabía que o seu compañeiro de grupo e concelleiro de Cultura e Deporte Juan Manuel Villanueva "en vez de traballar o que nos daba era traballo".

Acusouno de deixadez nas súas responsabilidades no goberno municpal "nin xiquera aparece polo concello", asegurou a rexedora municipal.

Susana Iglesias defendeu a xestión da alcaldía e do traballo "da miña compañeira Tamara e os dous concelleiros do PSOE, que sí estamos no dia a dia traballando polo Irixo".

En relación ao rexeitamento dos orzamentos presentados ao pleno, al alcadesa ten claro que "si os 9 concelleiros que formamos a corporación lle quixeramos ao Irixo, eso non tería acontecido".

E culpou dese bloqueo non so a Juan Manuel Villanueva senón que tamén fixo responsable ao portavoz do grupo popular e exalcalde Manuel Cerdeira, ao que advertíu que "igual ten que dar explicacións no xulgado" e mesmo acusouno de intentar que o propio Villanueva o apoiase na sesión de investidura a cambio dalgunhas contraprestacións. A alcadesa asegurou en COPE O Carballiño ter probas destas afirmacións.

Escoita a intervención da alcaldesa no PODCAST de COPE O Carballiño: