A alcaldesa Rosa María Dalama nomea á concelleira do PP, María José Villanueva, como 1ª tenenta de alcaldesa do Irixo

A alcaldesa do Irixo Rosa María Dalama asinou unha resolución pola que acorda nomear á concelleira do Partido Popular, María José Villanueva De Juane, como primeira tenenta de alcaldesa do concello do Irixo.
Este nomeamento é un paso máis dado pola alcaldesa para garantir a estabilidade no goberno municipal do Irixo, asegurándose desta maneira o apoio do Partido Popular, o grupo maioritario con catro representantes na corporación municipal.
O nomeamento ven de publicarse no BOP: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/347619