Alcampo chega a O Carballiño, tras comprar o supermercado do grupo DIA, que pasará a ser "Alcampo Supermercado" nos próximos meses.

15, Marzo 2023

Alcampo ven de anunciar a compra de 23 supermercados propiedade do grupo DIA en Galicia, entre os que figura o do Carballiño, situado entre a rúa Ourense e a avenida 25 de Xullo, no límite entre os concellos do Carballiño e Maside. Como dato curioso, o aparcadoiro do supermercado está dentro do termo municipal do Carballiño e o edificio no de Maside.

Alcampo faise asi con este e co resto dos supermecados DIA para avanzar no liderazgo da distribución no sector alimentario español, polo que integrará os novos centros de forma progresiva ata xullo de 2023. As aperturas dos novos supermercados, que serán renomeados como Alcampo Supermercado, irase realizando de forma graduada.

Os establecementos estarán "moi poucos días pechados" para que os novos traballadores reciban a formación necesaria "tanto para comezar a vivir a cultura de Alcampo como para coñecer os procesos da compañía",sinalan fontes da firma. O conxunto de supermercados adquiridos por Alcampo, entre eles este do Carballiño, irase integrando de acordo a unha planificación establecida baixo a insignia, cultura e estratexia do novo propietario.