Alternativa Veciñal saca adiante a súa proposta para auditar as contas municipais

1, Outubro 2015

O único concelleiro co que conta Alternativa Veciñal-SON na corporación municipal carballiñesa conseguíu que o resto dos grupos políticos, por unanimidade, aprobasen as súas propostas no pleno ordinario correspondente ao mes de Setembro.

Asi, o concello carballiñés encargará unha auditoria externa das contas municipais dos últimos catro anos de goberno do Partido Popular, unha proposta que contou co voto favorable tanto dos outros dous grupos da oposición como do goberno. Tamén, por unanimidade, Bernardo García logrou que a corporación apoiase un regulamento para favorecer a participación cidadán nos plenos que celebre a corporación municipal do Carballiño.

O acordo entre as distintas formacións políticas tamén se puxo de manifesto no resto das mocións presentadas a esta sesión plenaria, aínda que con algunhos distintos matices, foron aprobadas todas elas.

As dúas do Partido Popular, propoñendo axudas e bonificacións para aquelas empresas que adquiran parcelas no parque empresarial do Carballiño propiedade do IGVS, asi como a rebaixa do IBI nas parcelas de solo urbanizable.

As do BNG, relativas á problemática dos refuxiados e sobre a dinamización do Carballiño no mes de novembro, propoñendo diversas actividades.

Finalmente, tamén por consenso, aprobouse a moción socialista para instar á Xunta á construcción dun centro de día no Carballiño.