Alternativa Veciñal fai un balance negativo da xestión do goberno socialista durante este mandato

4, Outubro 2018

Alternativa Veciñal ven de facer balance dos tres anos e medios que xa van consumidos do actúal mandato municipal no concello do Carballiño, no que o concelleiro Bernardo García presentou un total de 45 mocións, das que 38 resultaron aprobadas polo pleno da corporación, 11 delas por unanimidade.

Non obstante, AV cifra en apenas o 10% os acordos do pleno que son executados polo goberno, manifestan.

Nos arquivos adxuntos pódese acceder tanto ao balance que se fai dende esta formación política da xestión municipal do grupo de goberno, como do traballo desenvolvido por Alternativa Veciñal no que vai de mandato no concello carballiñés.