Alternativa Veciñal presenta recurso de reposición pedindo a nulidade da RPT do concello, previo á impugnación no Xulgado

3, Xullo 2018

A Relación de Postos de Traballo foi aprobada no pleno da corporación municipal do Carballiño do pasado mes de maio cos votos a favor de PSOE e PP, a abstención do BNG e o voto en contra de Alternativa Veciñal.

Agora, a formación política representada polo concelleiro Bernardo García anuncia a presentación do recurso de reposición pedindo a nulidade do acordo que aprobou a RPT, paso previo á impugnación pola vía xudicial.

Para acceder ao comunicado íntegro de AV-En Marea prema no arquivo adxunto: