Ambiente de feira de abril sevillana do 27 ao 30 de maio na Praza do Emigrante

25, Maio 2010

O Concello do Carballiño volve colaborar activamente coa organización deste evento festivo que recrea durante catro dias na pista roxa o ambiente da feira de abril sevillana, o concelleiro de turismo Manolo Dacal salientou que "este tipo de actividades sempre contarán co apoio da miña área de turismo, pola siñificancia tanto económica como turística para a nosa vila". O Concello do Carballiño aporta ademáis unha achega económica de 2.000 euros para axudar a organización, que corre por conta dun grupo de hosteleiros da praza do Emigrante. Unha empresa de cátering de comida andaluza encargaráse da instalación dunha carpa na que se ofrecerán os productos típicos de Andalacia, entre os que non faltarán os peixiños fritidos, o xamón, as gambas ou os "rebujitos". Entre as actuacións musicais programadas, atopanse as da Escola Municipal de Danza do Carballiño, a compañía de danza "Raices" da casa de Andalucia en Vigo, o grupo rociero "Aires Andaluces" e a Banda Escola de Música do Carballiño, que ofrecerá un concerto de pasodobles  o domingo 30 á unha da tarde. Ademáis, durante a fin de semana, aquelas persoas que o desexen poderán disfrutar dun paseo en carreta polas rúas do Carballiño.