Amil facilitará que a veciñanza poida achegar as súas suxestións ó equipo redactor do novo PXOM

4, Maio 2010

O Concelleiro de obras e urbanismo do Carballiño, Manuel Amil, espera que nun prazo aproximado dun mes poida poñer a disposición dos veciños e veciñas ó equipo redactor do novo plan eral de ordenación municipal do Concello do Carballiño (PXOM), coa finalidade "de que todos os veciños que me viñeron trasladando as súas suxestións relativas as súas propiedades e que teñen determinadas problemáticas, o que quero é poñelos en contacto co equipo redactor e asi ver se as súas propostas teñen encaixe no novo plan urbanistico". Antes, e no transcurso das vindeiras semanas, o arquitécto e o técnico municipal asistirán a unhas charlas informativas que se van celebrar en Ourense, sobre a nova lei do solo de Galicia, que ven de aprobarse recentemente e entrou en vigor o pasado dia 21 de abril, e asi comprobar "en qué medida a nova lei pode afectar ó PXOM carballiñés". Amil recordou cómo os cámbeos introducidos nesta nova lei van afectar sobre todo á zona rural "e entendo que de forma positiva, xa que a normativa agora aprobada é menos restrictiva cá anterior e permitirá que poidan construirse vivendas máis alá dos 200 metros dos núcleos rurais, algo que antes non se contemplaba". O Concelleiro nacionalista, e máximo responsable do departamento municipal de obras e urbanismo fixou no horizonte do ano 2013 a aprobación do que deberá ser o futuro regulamento urbanístico do concello carballiñés.