Ana Pontón e Chema Ferreiro chaman á cidadanía a votar ao BNG "para evitar a deriva que vive o concello"

10, Maio 2019

A líder e portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo parada no Carballiño nesta primeira xornada de campaña para presentar "un proxecto creíble para o futuro do Carballiño".

"O BNG é a mellor opción para que O Carballiño avance, porque os gobernos con pelexas internas non son bos para O Carballiño, e evitar a deriva na que está inmerso o concello", concluiron a portavoz nacional e o candidato á alcaldia Chema Ferreiro, no transcurso dun encontro informativo.

"O BNG é vital para defender os dereitos dos carballiñeses e dos galegos, porque temos a cabeza e o corazón no Carballiño e no país", concluiron.