Anova oponse á ubicación dun tanatorio na rúa Evaristo Vaamonde

27, Agosto 2013

Entende que non é a ubicación apropiada e "pide ao alcalde do Carballiño que informe do proxecto".

No pasado mes de abril o concello do Carballiño someteu a informaicón pública "a actividade de tanatorio" tras a solicitude de licenza municipal presentada pola empresa Ambulancias de Carballiño no número 26-baixo da rúa Evaristo Vaamonde. Durante o periodo de exposición presentaronse 12 alegacións, todas elas desestimadas pola Xunta de Goberno.

Anova do Carballiño "comparte a inquedanza veciñal pola construcción deste tanatorio e esixe do alcalde do Carballiño que compareza públicamente e dea conta deste proxecto".