Anova pide ao concello que suspenda a reforma e aposte por "un plan urbanistico de amplo consenso"

10, Novembro 2014

Anova-AGE propón "a paralización total do plan de remodelación que está en curso". No seu lugar, esta organización política, que non conta con representación municipal, demanda do goberno municipal que "nun tema tan sensible que afecta á totalidade dos carballiñeses e carballiñesas debe procurarse un amplo consenso".

Chus Alvarez, a portavoz local, considera que "a proposta feita polos técnicos contratados polo concello do Carballiño ten un carácter fondamente regresivo, xa que permite a edificabilidade vertical en detrimento da horizontal, impide o desenrolo da área periférica e incrementa os problemas de tráfico e aparcamentos".

Para esta organización política sería necesario "non incrementar as alturas que o plan actual contempla na zona urbana, respetar a edificabilidade de vivendas unifamiliares nas áreas do rural que dispoñen de acdeso, auga, luz e alcantarillado e terreo según ordenanza, 400 e 600 m2, e en definitiva, primar as propostas que favorezan a creación de espazos de uso común, zonas verdes, dotacionais e aparcamentos públicos".