Antonio Iglesias "Cadavid" en COPE: "estou contento con este Arenteiro pero se fose necesario chegarían reforzos"

2, Xaneiro 2012

O Presidente do C.D. Arenteiro pasou polos micrófonos da COPE para facer balance deportivo e social do desenvolvemento desta tempada. Cadavid amosouse "contento co rendemento deste equipo, incluso cos rapaces máis novos e dos xuvenís dos que foi preciso botar man" aínda que tamén aclarou que "se fose preciso a fichaxe dalgún reforzo tamén chegaría, de feito xa se fixeron contactos con algún xogador, e non descartamos que se fose necesario ficharíase, aínda que eso dependerá dos acontecementos, e Dacosta confia plenamente neste equipo".

O Presidente non tén outra meta na cabeza que non pase polo ascenso á preferente, categoria perdida a tempada anterior, e aínda vai máis alá na súa declaración de intencións  "a nosa idea e levar o Arenteiro á terceira división, pero eso dependerá moito do Carballiño e da nosa afección e tamén das axudas".

O Presidente do Club amosou a súa satisfacción tras a recente entrevista que ven de manter có Alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes " díxome que ánimo, que o Arenteiro había que subilo á terceira, e que ahí estaría o Concello para apoiar". De feito, O Rexidor Municipal comprometeuse a mellorar a colaboración municipal co club, facendose cargo da explotación da publicidade estática no campo de Espiñedo, e aumentando con esta fórmula a aportación económica que o Concello fai ao C.D.Arenteiro.