"Aqua Vitae", unha homenaxe do concello do Carballiño ao doutor Luis Rodríguez Miguez. A publicación contou coa colaboración do Centro de Estudos Chamoso Lamas, baixo a coordinación de Juan Manuel Rodríguez.

17, Abril 2023

O presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas,  Carlos Rodríguez, acompañado do historiadores Xosé Luis Sobrado e Juan Manuel Rodríguez, éste último exerceu como coordenador do proxecto, presentaron "Aqua Vitae", unha publicación editada polo concello do Carballiño e concebida coma unha homenaxe ao doutor Luis Rodríguez Mïguez, que ata o seu pasamento en 2016 fora precisamente un dos membros activos desta asociación.

A publicación constitúe un recoñecemento ao pioneiro do termalismo moderno e á defensa que fixo durante toda a súa vida da riqueza e potencial das nosas augas e dos nosos balnearios. Vencellado a O Carballiño -foi recoñecido coa Medalla de Ouro do concello- dende os anos 80 do século pasado cando comezaron a celebrarse as históricas xornadas de hidroloxía.

As diferentes aportacións dos colaboradores do Chamoso Lamas conforman unha achega poliédrica do profesor, médico, investigador e escritor, que todo eso foi este compostelán de nacemento e carballiñés de corazón e vocación, que foi Luis Rodríguez Mïguez.