Arde por completo unha casa en Abeleira-Beariz, sen causar danos personais

21, Agosto 2021

Un incendio declarado nunha casa no concello ourensán de Beariz mobilizou aos servizos de emerxencia na madrugada de hoxe. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume deixou a vivenda calcinada por completo, quedando soamente a estrutura da edificación, tal como pode apreciarse na foto dos Bombeiros do Carballiño.

Os feitos sucederon no lugar da Abeleira preto das tres horas da madrugada.

Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar dun incendio que consumía unha casa na parroquia de Xirazga. De acordo cos datos facilitados polos veciños da localidade, a vivenda estaba deshabitada no momento do incidente.

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, os Bombeiros de Carballiño, os membros do GES de Avión e os axentes da Garda Civil. Por precaución, tamén pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, os xestores do 112 informaron tamén aos efectivos de Protección Civil de Beariz.

Unha vez extinguido o incendio, os equipos de intervención confirmaron ao 112 que a vivenda ardeu por completo. Igualmente, comunicaron que na casa había animais, pero que ningún deles foi afectado polo lume.