Arenteiro-Deportivo, Teatro, Cine, Nadal Coral, Andaina en Cea e Mercado do Nadal en Maside, na Axenda desta Fin de Semana.

15, Decembro 2023

FUTBOL DE 1ª RFEF. O Carballiño e o Arenteiro reciben en partido oficial de liga a todo un campión de liga, campión de copa e semifinalista de Champións, o Real Club Deportivo da Coruña. Estadio de Espiñedo, domingo 17 ás 19:00 horas, CD Arenteiro-Deportivo. Retransmisión televisiva en aberto a través da Televisión de Galicia (G2) e a plataforma de pago FEF.

TEATRO. O Festival de Teatro Galego 2023 vive a súa xornada de clausura coa actuación da compañía Malasombra e o seu espectáculo "De algo hai que morrer", sábado 16 ás 20:30 horas no auditorio do Carballiño.  Este espectáculo sustitúe a "Testosterona",, que estaba inicialmente programado, unha ciircustnacia que se debe a unha indisposición por enfermidade da actriz Camila Bossa.E dentro da programación navideña da concellería de cultura do Carballiño Teatro del Norte presenta "MACBETH", domingo ás 19:30 horas no auditorio.

CINE. Tres películas para toda a fin de semana no Novocine de Leiro: "La Navidad en sus manos" (16:00 h.) "Wonka (18:00 h) e "Ocho apellidos marroquís" (20:30 h.)

MERCADO DO NADAL DE MASIDE. 20 postos participan neste mercado navideño con artesanía, productos de proximidade e con temática navideña, o domingo 17 en horario de 12:00 h. a 19:00 na Alameda de Maside.

ANDAINA DO NADAL DO CONCELLO DE CEA. Con saída o domingo 17  ás 10:00 h. desde a Praza Maior de Cea e un percorrido de 12 km. de baixa dificultade, e con despedida aos particpantes cunha degustación de pinchos por xentiliza do CRIXP Pan de Cea ao completarse a camiñata.

NADAL CORAL. O Orfeón do Carballiño colabora nesta actividade na que fará a súa presentación o Coro de Voces Brancas integrado por 50 nenos e nenas do Conservatorio de Música, e os colexios da Uceira, Vila do Arenteiro e Terras de Maside, baixo dirección de Cristian Casas. Domingo 17 ás 11:45 h. no Templo da Veracruz.