Arenteiro e Choco reparten puntos sobre a alfombra da Regueiriña de Barbantes

27, Xaneiro 2019

Partido aberto ata o pitido final, un empate (1-1) que deixa satisfeitos aos dous equipos porque calquera dos dous pudo gañar, pero tamén pudo perder, xa que ocasións, para desnivelar o empate houbo ante ámbas porterias no transcurso da tarde.

E outra vez, outra máis, o Arenteiro ten que remar contra corrente ao volver encaixar por teceira xornada consecutiva  gol na súa portería no inicio de partido, pasoulle no Barco, tamén en Boiro, e nesta ocasión ante o Choco cando apenas ían 5 minutos de xogo, nunha xogada a balón parado que non acerta a despexar a defensa do Arenteiro, o balón vai ao poste da portería de Ruí e finalmente no rebote, para dentro.

Tardaron en reaccionar os verdes, e non o fixeron ata consumida a primeira media hora de partido, cando deron un paso á fronte e dispuxeron das mellores ocasións, unha moi clara de Hugo Sanmartín, que rematou fora por pouco tras a mellor xogada do Arenteiro nesta primeira parte, na que o premio chegou en forma de empate no minuto 42 tras un tiro cruzado a media altura de Hugo Samnartín.

Nos primeiros minutos da reanudación, outra boa combinación en ataque dos verdes culminou nun tiro de Fajardo dende a frontal da área, pero o balón foise un chisco alto, unha mágoa cando se cantaba o gol.

Certo é que a outra gran ocasión de desnivelar o marcador desta segunda parte foi dos visitantes, que perdonaron o gol, xa nos minutos finais.

Adil tivo que abandonar o campo no minuto 12 cunha lesión nun xemelgo, e Rober no descanso por molestias nun pe.

Bo ambiente, non notable afluencia de afeccionados no campo da Regueiriña de Barbantes, unha auténtica alfonbra, unha pena que non teña unhas dimensións un pouco máis grandes.

Este lúns o club decidirá se o partido ante o Bergantiños do próximo domingo se xoga xa en Espiñedo ou volve a facélo en Barbantes.

Para ver a ficha do partido sigue o seguninte enlace: http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...