Arenteiro e Maside abrirán a liga enfrontandose a Allariz e Ramirás

22, Agosto 2011

C.D. Arenteiro xogará o primeiro partido de liga en Espiñedo fronte a un dos equipos chamado a moverse na zona noble da clasificación, o C.D. Allariz, que ven de eliminar ao Ourense B na fase previa da Copa Deputación. Pola súa parte, o Maside F.C., que sucumbia ante o Verín (0-2) na mesma ronda de copa, viaxará na primeira xornada atá o campo do Ramirás. En ambos casos, será o vindeiro domingo dia 4 de setembro.

Antes, Maside e Arenteiro, que este ano volven coincidir en competición oficial na primeira autonómica, desputarán o tradicional partido das festas do San Vitorio masidao, o sábado 27 de agosto ás 19:00 horas no campo municipal do Outeiro Grande. O Arenteiro chega a este encontro, tras gañar este pasado domingo o torneo triangular que se xogou no campo do Melias, cos locatorios ós que derrotou por 0-1 cun gol de Adrián Iglesias, e có Nogueira de Ramuín, co que empatou 0--0.

Xa na 2ª autonómica, a primeira xornada de liga, que tamén arrancará o domingo 4 de setembro, ten os seguintes enfrontamentos:

- C.D. Trives - C.D. Cea

- Leiro C.F. - Ribeiro F.C.

- At. Barbantes - Barra de Miño

- Amoeiro - Stº. Teresita