Arenteiro e Ourense CF reparten puntos nun partido condicionado pola desafortunada arbitraxe

13, Outubro 2018

O mellor da tarde, a gran entrada no Estadio de Espiñedo con máis de 1200 persoas, o pior, a arbitraxe do colexiado Gabriel Rial Quintairos ao que o partido lle quedou demasiádo grande, lamentable labor arbitral que escamoteu dous claros penaltis na área do Ourense durante a primeira parte, e por si esto fora pouco inventouse o que pitou a favor dos visitantes e que lle valeu o empate.

Pero o máis lamentable foi a permisividade que tivo cos xogadores visitantes no transcurso do partido, permitindolle a reiteración constante de faltas sen ensinar cartón amarelo, tan so dous en todo o partido, un deles tras a durísima falta sobre Adil, que motivou que o xogador do Arenteiro tivese que ser retirado do campo e trasladado en ambulancia ao centro médico cunha lesión que pode ser grave. Pois ben, nesa xogada o árbitro nin xiquera amonesta ao xogador do Ourense, xa que a amonestación posterior é por protestar. Desafortunada arbitraxe, moi cuestionada dende a bancada.

O encontro, típico Arenteiro-Ourense CF, moi intenso e de poucas ocasións en ambas áreas, aínda que con xogadas decisivas pola nefasta actuación arbitral.

Mitogo adiantou aos verdes cun gran gol na primeira parte, e aos 11 minutos da reanudación empatou o Ourense cun penalti que cambeou radicalmente o decorado do partido, que deu alas ao equipo de Oira, e pola contra deixou medio tocado ao Arenteiro. Aínda asi, Mitogo gozou dunha clara ocasión para volver poñer o marcador favorable aos verdes, pero o seu remate ao borde da área pequena foise alto.

Para ver a ficha do partido sigue o seguinte enlace: 

http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=45...